CINEUROPA | LATIDOAMERICANO
Sebastián Muñoz
Chile / 96 min. / Drama / Castelán
Ficha artística:
Juan Carlos Maldonado, Alfredo Castro, Gastón Pauls, Cesare Serra, Lucas Balmaceda, Sebastián Ayala, José Antonio Raffo
Ficha técnica:
Guión: Luis Barrales, Sebastián Muñoz
Música: Ángela Acuña
Fotografía: Enrique Stindt
Sinopse:
Xusto antes de que Salvador Allende asuma a presidencia de Chile, Jaime, un mozo de 20 anos, solitario e narcisista, acoitela o seu mellor amigo (“El Gitano”) nun aparente arrebato paixonal. Na cadea coñece a “El Potro”, un home maior e respectado, a quen se lle achega desvelando unha fonda necesidade de agarimo e, á vez, o seu feroz desexo de recoñecemento. Xuntos establecen unha estreita relación de “amor negro”, como lle chaman no cárcere, o que lle permitirá a Jaime, agora “El Príncipe”, descubrir os afectos e as lealdades e, ao mesmo tempo, afrontar as loitas de poder tras as reixas.