EL FEDITO PRESENTA 'OYUN'

DATOS BÁSICOS

Quen ou que é a escultura? O malabarista ou o artefacto creado? Que é a estabilidade? Cal é o límite? Estas preguntas conducen á procura do máis difícil aínda, do equilibrio perfecto cara á arquitectura dos malabares, a harmonía entre todos os elementos: potas, culleres, cordas, pelotas.

Oyun (do turco xogo), xirou por multitude de escenarios en diversos países da man de Federico Manini, que provén do mundo da arquitectura e a arte, disciplinas que estudou durante varios anos en diversas Universidades.  O espectáculo obtivo numerosos premios, entre eles o 2º Premio Circasa Off 2018 (Sevilla), e os Premios dos festivais Circarte, Kaldearte, Circaire, Nosolocirco e Jaén Paraíso Interior.
 
DURACIÓN: 40 MINUTOS
ESPECTÁCULO PARA TODOS OS PÚBLICOS
Web do espectáculo: http://elfedito.com/
 
Duración: 
40
Entradas: 

Acceso de balde

Funcións: 
Xoves, 29 Agosto, 2019
19:30
Praza da Quintana
MULTIMEDIA

Oyun (promo video calle/street)