CENTRO DRAMÁTICO NACIONAL
Idade recomendada: todos os públicos
Duración: 180 min
Lingua: española
El Bar que se tragó a todos los españoles conta a historia de Jorge Arizmendi, un cura navarro que en 1963, con trinta e tres anos, decide cambiar de vida, deixar o sacerdocio, e viaxar a Estados Unidos para aprender inglés e marketing. O lugar no que aterra chámase Orange, no estado de Tejas. Alí unha congregación de pais escolapios axúdalle a atopar traballo como vendedor de aspiradoras. Un dos lugares que visita é un rancho no que vive un matrimonio que sufriu recentemente o falecemento dun fillo. Este fillo era fisicamente igual que Jorge, ata o punto de que os rancheiros ao ver a Jorge cren estar vendo ao seu fillo, e fanlle a seguinte proposta: “Se quedas a vivir con nós, cando morramos, este rancho será teu”.
---
“A principios dos anos sesenta do pasado século a Igrexa promoveu unha pequena revolución de consecuencias históricas, ao facilitar os procedementos que concedían a dispensa a aqueles sacerdotes que querían deixar de selo. Miles de sacerdotes, por unhas causas ou por outras, acolléronse en España a esta novidade promovida por Xoán XXIII e Pablo VI. Entre eles atopábase o meu pai.
Desde logo non contei a realidade tal e como foi. Pode que a realidade sempre supere á ficción, pero a ficción fai que a realidade teña significado, e para dar significado apoieime nas historias de viaxes e aventuras que contaba o meu pai, e a partir delas creei a vida de Jorge Arizmendi.
O bar que se tragou a todos os españois é a miña primeira creación como director do Centro Dramático Nacional. O obxectivo número uno do meu proxecto á fronte da institución é promover a dramaturxia contemporánea española, precisamente para que poidamos seguir dando voz a todos aqueles que non a teñen, e tamén a todos aqueles que non a tiveron. A historia de Jorge Arizmendi é unha historia de crecemento e transformación persoal que simboliza a historia de crecemento e transformación persoal de toda unha sociedade.
O meu pai sempre nos contou moitas historias da súa vida, pero non nos contou a principal. Saír de cura en 1963 en España supuña un sismo persoal, familiar e político. Esta obra quere dar luz e devolver a dignidade a todos aqueles homes e mulleres que decidiron cambiar de vida, e que se arriscaron a facelo.”
Alfredo Sanzol
Texto e dirección: Alfredo Sanzol
Escenografía e vestiario: Alejandro Andújar
Iluminación: Pedro Yagüe
Música: Fernando Velázquez
Espazo sonoro: Sandra Vicente
Caracterización: Chema Noci
Movemento escénico: Amaya Galeote
Produción: Centro Dramático Nacional
Elenco artístico: Francesco Carril, Elena González, Natalia Huarte, David Lorente, Nuria Mencía, Jesús Noguero, Albert Ribalta, Jimmy Roca e Camila Viyuela
Web do espectáculo: Centro Dramático Nacional