DIEGO ANIDO
EscenaGZ
Idade recomendada: adultos
Duración: 50 min
Lingua: castelán
El Alemán é unha peza con vocación experimental, escrita, dirixida e interpretada por Diego Anido, que orbita sobre a idea do sacrificio a través do absurdo cotián. Durante os 50 minutos que dura mergullámonos na rutina angosta dun personaxe a partir dunha linguaxe que se nutre dunha formación multidisciplinar en artes escénicas.
En El Alemán Diego Anido parte da data de caducidade dun iogur para amosarnos unha realidade deformada onde este dato, aparentemente intranscendente, se converte no escollo desencadeante da acción.
" ..Estaba pletórico, belo e sumiso como unha geisha. Quieto, inerte, sen medo, na bancada superior do frigorífico..."
Autoría e interpretación: Diego Anido
Deseño iluminación: Alex Aviñoa
Vestiario: Diego Anido
Música: Raquel Regueira