ECOPOESÍA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO (I)

DATOS BÁSICOS

Alguén que respira! VI Festival de Poesía para Corpo Principal

Poesía no Teatro Principal: Jorge Riechmann, María Grandío, Rosa Berbel e Amorante

O festival inaugúrase, como é tradición no seu programa, cun recital onde conflúen distintas linguas ibéricas. Será o sábado 18 de marzo. Sobre o escenario do Teatro Principal catro voces escintilantes e de forte compromiso ecolóxico, como Jorge Riechmann, referente en España do ecoloxismo social, profesor de ética e filosofía política en Madrid. Canda el estarán María Grandío, escritora emerxente da nova poesía galega actual, caracterizada por unha poderosa presenza escénica; Rosa Berbel, poeta e teórica da ecopoesía, e Amorante, que desde Euscadi navega con con xenio inimitable as augas da música e da poesía.

Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Sábado, 18 Marzo, 2023
20:00
Teatro Principal