DUODÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVAS/OS ARTISTAS

DATOS BÁSICOS

O premio Auditorio de Galicia acada a duodécima edición presentando a obra trinta artistas que abren camiños, que exploran, que non fican parados, que arriscan e que, en definitiva, nos achegan á fisionomía do que está acontecer en Galicia, no mundo da arte, neste momento:

Pablo Aguilar & Raquel Álvarez, Eva Antelo, Thomas Apostolou, Miguel Auria, Pablo Barreiro, Teresa Búa, Cabanes Fontao, Olalla Castro, David Catá, Julio Catalán Rubinos, Le Charli, Christianconch, Raquel Durán & Rut Briones, María Gar, Christian García Bello, Macarena Montesinos Fandiño, Joan Morera Arbones, Alejandra Pardo, Pía Piadosa, Lara Pintos, Sara Piñeiro, Mar Ramón Soriano, Alejandro Rego Díaz, Carlota Salgado Leal, Borja Santomé, Neves Seara, Andrea Torres, Verónica Vicente, Antía Vieiro Fernández e Diego Vites.

Con frecuencia bienal os premios teñen vocación de ser lugar de encontro de artistas e de difusión da creación actual e das súas diferentes disciplinas: pintura, escultura, fotografía, debuxo, instalacións, vídeoinstalacións ou videocreacións. 

A convocatoria segue a procurar a promoción da creación máis nova visibilizando e achegando os traballos das e dos artistas ao público, tanto a través da exposición como da publicación que se edita online e que se subirá ao sitio web e-auditoriodegalicia.net

PREMIADOS EDICIÓN 2021

  • O 1º premio, valorado en 6.000 €, foi para Diego Vites pola súa instalación ‘Rosa’.
  • O 2º premio, valorado en 3.000 €, acadouno Antía Vieiro Fernández por ‘Unha infancia sinistra’.
  • E o 3º premio, valorado en 2.000 €, foi para Christian García Bello por ‘Lonxe, lonxe (coa sardiña no cinto)’
Entradas: 

Entrada de balde

Todos os días de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h

(Os días de concerto a sala de exposicións pecha ás 19.00 h)

O Auditorio de Galicia pecha os días: 24, 25 e 31 de decembro e o 1 e 6 de xaneiro

Para consultar o protocolo de acceso preme aquí

 

Funcións: 
Mércores, 13 Outubro, 2021 a Domingo, 30 Xaneiro, 2022
10:00 a 20:00
Auditorio de Galicia