ELEFANTE ELEGANTE
EscenaGZ
Idade recomendada: adultos
Duración: 75 min
Lingua: galego
Dreaming Juliet é a nova creación para público adulto do Elefante Elegante. O espectáculo inspírase na peza "Romeo e Xulieta" de W. Shakespeare para abordar a cuestión máis esencial da existencia humana: o amor. A paixón, a familia e a maternidade son os temas intrínsecos da obra e o teatro físico e visual a ferramenta da creación. A peza do dramaturgo inglés é un referente universal porque os seus protagonistas logo de amarse desenfreadamente teñen un funesto final.
Dreaming Juliet pretende reflexionar sobre o futuro de Romeo e Xulieta no caso de que non tivesen morto. Que lle acontecería ao seu profundo amor se acabasen formando familia e se tivesen que enfrontar á rutina de todos os días?
Autor: Gonçalo Guerreiro
Dirección: María Torres, Gonçalo Guerreiro e Pablo Sánchez
Adaptación: María Torres e Gonçalo Guerreiro
Escenografía: Gonçalo Guerreiro
Deseño son: Gonçalo Guerreiro, Mighelón Paz e Nacho Martín
Deseño iluminación: Germán Gundín
Vestiario: Diego Valeiras
Música: Mighelón Paz e Gonçalo Guerreiro
Coreografía: Marta Alonso
Elenco artístico: María Torres, Gonçalo Guerreiro, Marta Alonso, Nacho Martín e Mighelón Paz
WEB DA COMPAÑÍA: elefanteelegante.net