DOUS MARES. MÚSICAS ENTRE DOUS MUNDOS

DATOS BÁSICOS

FESTIVAL C 2021

DE LUGARES E ÓRGANOS

 

Dous mares, músicas entre dous mundos

Diana Baroni, Grupo 1500, Marco Aurélio Brescia

 

Diana Baroni, voz e traverso 

Lorina Vallaster, voz e frautas 

Belén Bermejo, voz 

Rafael Guel, guitarra e percusións 

Roberto Santamarina, violín e fídula 

Jose Manuel Díaz, contrabaixo 

Andrés Díaz, frautas, vihuela, dirección

Marco Aurélio Brescia, órgano 

 

A chegada ao Novo Mundo supuxo un xiro copernicano na historia moderna. Especificamente no musical, houbo un pronto recoñecemento mutuo entre pobos que se confrontaban na conquista, mais para os que a música era un xeito de vida e expresión consubstancial á propia existencia diaria. Do encontro entre as músicas ibéricas e as que se facían en América Central e do Sur, xurdiu un rico verxel de melodías e ritmos novos e orixinais, que aínda hoxe perduran. O programa trata de dar mostra dese frutífero encontro, mesturando músicas dun lado e outro do océano, facendo ao tempo unha alegórica homenaxe ao mar polo que viaxaron, de ida e volta, eses ritmos e estilos musicais, os instrumentos e mesmo os propios músicos.

 

O órgano, testemuña viva dese proceso de retroalimentación musical xerado a partir do século XVI, será o elemento condutor do programa, que permitirá amalgamar influencias diversas, a través de obras que simbolizan esa asimilación de trazos de ambos os dous universos musicais. Esa simbiose estará especialmente representada a través da figura do xesuíta italiano Domenico Zipoli e das músicas chiquitanas procedentes das misións de Bolivia. Pero tamén a formación musical do concerto de hoxe simboliza ese encontro, a carismática frautista e cantante arxentina Diana Baroni, canda o multiinstrumentista Rafael Guel, xúntanse con músicos galegos que navegan por diferentes estilos e influencias, desde a música antiga ao jazz, para ofrecer unha apaixonante travesía entre dous continentes.

Duración: 
60 MIN
Entradas: 
  • ENTRADAS ESGOTADAS

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 26 Agosto, 2021
20:30
Igrexa das Ánimas