DONDE EL BOSQUE SE ESPESA

DATOS BÁSICOS

MICOMICÓN

MemoriaPresente

TerritoriodasMulleres

PLATEA

Comisiones artísticas de la Red

Antonia e Isabel reciben o día da morte das súa nai unha caixa pechada que a defunta mantivo durante anos e de cuxa existencia non sabían. Esa caixa contén algunhas cartas, fotografías e obxectos que cuestionan todo o que creron sobre a súa familia. Isabel négase a mirar e non fai preguntas. Antonia e a súa filla Ana, con todo, buscan, preguntan e perseguen a pantasma dun avó e un bisavó que non parece ser o que creron. Todo iso para desgusto de Zoran, o marido e pai iugoslavo das nosas protagonistas. A procura do avó lévaas a emprender unha viaxe real e física que comezará en Santander e terminará en Banja Luka, alá na afastada Bosnia, levándonos a Barcarés, Lourdes, París, Toulouse, Mauthausen, Roma, Sarajevo... Cada obxecto abre unha xanela, cada xanela abre unha morea de preguntas e cada resposta abre unha ferida. O regreso a España será a vitoria de dúas
mulleres que veñen cargadas de malas noticias, unha dor irreparable e un coñecemento das persoas que a rodean que farán que a súa vida nunca sexa o mesmo outra vez.

Dirección: Laila Ripoll
Intérpretes: Mélida Molina, Arantxa Aranguren, Juanjo Cucalón, Aurora Herrero, Puchi Lagarde, Carolina Herrera, Antonio Sarrió, Carlos Jiménez-Alfaro, Néstor Ballesteros
Escenografía: Arturo Martín Burgos
Iluminación: Luis Perdoguero
Vestiario: Almudena Rguez. Huertas
Música e espazo sonoro: Mariano Marín
Videoescena: Álvaro Luna
Locución videoescena: Pablo Béjar e Carolina Herrera
Gravación Cinematográfica
Dirección: Miguel Ángel Calvo
Buttini/Salto de Eje PC
Operador/Montaxe/coprodución: Juan e Eusebio Poveda/Twin Freaks Studio
Dirección de Fotografía/Operador: Alfonso Segura
Fotografía: Javier Naval
Produción executiva: Joseba García e Mariano Llorente
Distribución: Joseba García
Axudante de dirección: Héctor del Saz
 
 
Duración: 
130'
Entradas: 

14 € (descontos habituais do 50%)

 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349

 

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

 

Funcións: 
Venres, 18 Outubro, 2019
20:30
Auditorio de Galicia