SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
Dirección: Matteo Garrone
Italia / 2018 / Longametraxe / Ficción / Italiano
Ficha artística
Marcello Fonte, Edoardo Pesce, Nunzia Schiano, Adamo Dionisi, Francesco Acquaroli, Alida Baldari Calabria, Gianluca Gobbi.
Ficha técnica
Guión: Maurizio Braucci, Ugo Chiti, Matteo Garrone, Massimo Gaudioso.
Fotografía: Nicolaj Bruel.
Música: Michele Braga.
Produción:Matteo Garrone, Jean Labadie, Jeremy Thomas, Paolo del Brocco.
Sinopse
Nun lugar nos arrabaldes da cidade, onde a única lei semella ser a do máis forte, Marcello vive o día a día entre o traballo na súa modesta barbería para cans, os momentos coa súa adorada filla Alida e unha estraña relación de inferioridade con Simoncino, un ex boxeador que aterroriza todo o barrio. Disposto a recuperar a súa dignidade tras a enésima humillación por parte de Simoncino, Marcello ideará unha vinganza que traerá consecuencias inesperadas.
Premios
- Mellor actor no Festival de Cannes 2018.