DIOIVA DE NOMES DE MULLER

DATOS BÁSICOS

‘Dioiva de nomes de muller’ é unha proposta artística que procura reivindicar e divulgar o acervo das creadoras galegas e o seu impacto no patrimonio cultural do noso pobo, a través dun diálogo creativo entre o espazo público e un dos elementos definitorios da nosa idiosincrasia: a chuvia.
Inspirada en Rainworks, proxecto de arte urbana baseado na realización de estarcidos no espazourbano que unicamente son visibles cando entran en contacto coa auga, esta proposta propón convertir a chuvia que acotío cae sobre Compostela no catalizador natural que deixa á vista o que aínda permanece invisibilizado na nosa cultura: as mulleres artistas que a protagonizaron.
A través dunha selección plural de creadoras do noso país, atendendo a diversas disciplinas e épocas históricas, interviremos durante unha xornada diferentes espazos da cidade de Santiago mediante a realización de estarcidos nos que plasmaremos os seus nomes. Evocando o descoñecemento que aínda impera sobre a presenza feminina na historia da arte, estes permenacerán ocultos até que a auga caia sobre eles, facendo que o encuberto se convirta en visible.

 

Duración: 
De 11 a 19h.
Entradas: 

De balde

Funcións: 
Sábado, 1 Agosto, 2020
11:00
Costa da Camelia