SECCIÓN OFICIAL INTERNACIONAL
Dirección: Kent Jones
Estados Unidos / 2018 / Longametraxe / Ficción / Inglés
Ficha artística
Mary Kay Place, Jake Lacy, Andrea Martin, Deirdre O'Connell, Glynnis O'Connor, David Tuttle, Joyce Van Patten, Phyllis Somerville.
Ficha técnica
Guión: Kent Jones.
Fotografía: Wyatt Garfield.
Música: Jeremiah Bornfield.
Produción executiva: Martin Scorsese, Julia Lebedev, Eddie Vaisman, And Leonid Lebedev.
Produción: AgX / Sight Unseen Pictures.
Sinopse
Diane é unha viúva septuaxenaria que dedica a súa vida a coidar dos demais. Enche os seus días servindo comida aos vagabundos, visitando a amigos enfermos e, sobre todo, intentando axudar o seu fillo drogadicto. Pero Diane tamén convive coa sombra da culpa por un antigo pecado.
Premios
- Premio Founders á mellor longametraxe narrativa, mellor guión e mellor fotografía no Tribeca Film Festival 2018.