'DESTINO: LATINOAMÉRICA', A RFG DIRIXIDA POR JOANA CARNEIRO

DATOS BÁSICOS

TEMPORADA DE ABONO 2021 - 22

A principal directora convidada da RFG, Joana Carneiro, ponse á fronte da orquestra cun programa protagonizado pola música americana. O concerto celébrase no marco do “III Congreso Internacional de Música e Estudos Americanos”. A mezzosoprano Sarah Connolly pon voz ás “Cinco cancións de Neruda” de Peter Lieberson.

Joana Carneiro, directora
Sarah Connolly, mezzosoprano

C. Chávez: Discovery
P. Lieberson: 5 Neruda Songs
A. Copland: Three Latin-American Sketches

Previamente, ás 19.45 h, teremos na Sala Circular un Conversando con... Joana Carneiro.

Entradas: 
  • VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA: XOVES 7 DE OUTUBRO_11.00 H
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h (Luns pechado). Teléfono 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto o día do espectáculo desde 1h antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026
    • (Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.)

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 14 Outubro, 2021
20:30
Auditorio de Galicia