'DESDE O OLIMPO': ZUMALAVE DIRIXE Á RFG

DATOS BÁSICOS

TEMPORADA DE ABONO 2021 -22

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Maximino Zumalave dirixe o Concerto de Nadal, unha selección de fragmentos de óperas populares como “Rinaldo”, “Orfeo e Eurídice” e “Ascanio en Alba”, xunto a obras de Mozart e Beethoven. Soará a voz do contratenor Christian Gil Borrelli, en colaboración con Amigos da Ópera de Santiago.

Maximino Zumalave, director
Christian Gil Borrelli, contratenor*

L. v. Beethoven: Abertura Egmont
G. F. Haendel: Cara sposa, amante cara (da ópera Rinaldo, HWV 7)
C. W. Gluck: Che farò senza Euridice (da ópera Orfeo e Eurídice)
W. A. Mozart: Cara, lontano ancora (da ópera Ascanio en Alba, K111)
W. A. Mozart: Sinfonía núm. 41 en Do maior, KV. 551 “Xúpiter”

*Gañador do Concurso de canto da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago 2020

Previamente, ás 19.45 h na Sala Mozart, Conversando con... Maximino Zumalave.

Entradas: 
  • VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA: XOVES 7 DE OUTUBRO_11.00 H
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h (Luns pechado). Teléfono 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto o día do espectáculo desde 1h antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026
    • (Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.)

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 16 Decembro, 2021
20:30
Auditorio de Galicia