DESDÉMONA

DATOS BÁSICOS

ALBA SARRAUTE I LES OFÈLIES

Todos e todas ouvimos falar sobre o Othello de Shakespeare pero, de que trata realmente esta obra teatral? E de que maneiras novas se pode explicar esta historia shakespeariana? Alba Sarraute & Les Ofèlies fano utilizando a linguaxe do circo, a través de acrobacias, de música e dos corpos dos e das intérpretes para crear un conxunto de imaxes cargadas de poesía coas que, desde a mirada de Desdémona, esposa de Othello, adentrarémonos nos aspectos máis dramáticos da condición humana... cun sorriso nos beizos. Un espectáculo de circo e Shakespeare onde os personaxes expresan co corpo e a música. As técnicas de circo ilustran a traxedia facéndoa volátil e universal.

Adaptación e dirección: Alba Sarraute

Texto: William Shakespeare

Reparto: Martí Soler (man a man, lanzamento de coitelos, roda Cyr, trompeta), Berta Pascual (danza e actriz) e Anna Pascual (mástil chino, man a man e acordeón), Tomeu Amer (acrobacia, escaleira libre, báscula e roda alemana), Adrià Montanya (equilibrios acrobáticos, verticais e acrobacia), Laura Martí (canto, pallasa e guitarra), Marçal Mialet (violoncello) e Noè Escolà (saxofón).

Posta en escena: Laia Sanmartín

Coreografía: Berta Pascual

Escenografía: Montse Pons

Vestiario: Alba Sarraute

Produción: Camaleònica Produccions e Grec Festival de Barcelona

Composición musical: Furmi Gómez

Composición La Peste: Jorge Sarraute

Dirección musical: Jordi Claret

 

Idade recomendada: > 12

Lingua: castelán

© imaxe: El gato productions

Duración: 
65 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • 10 euros. Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Sábado, 9 Abril, 2022
20:30
Auditorio de Galicia