A SÉTIMA DE MAHLER
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Paul Daniel, director
G. Mahler (orq. J. Trillo): Sinfonía núm. 7 en mi menor
Descubre unha orquestra para ti, a túa!
Co fin de achegar a música clásica e a RFG a novos públicos, continúa no Auditorio o ciclo Descubre unha orquestra para ti, a túa!. Dirixido á audiencia familiar e a quen non ten a oportunidade de asistir habitualmente aos concertos de abono, ofrece condicións especiais e programas reducidos para que todas e todos poidan gozar da mellor música en directo.
Como parte do proxecto “RFG Solidaria”, posto en marcha a finais da temporada pasada, cada unha destas actuacións destinarase a dar visibilidade a unha ONG que loita pola defensa dalgún colectivo.
Información do prezo das entradas
O prezo xeral das entradas destes concertos é de 5 €. Ademais, se quen merca a entrada é menor de catorce anos, poderá convidar de balde a outras dúas persoas (Esta promoción non será aplicable para as entradas vendidas por internet, para obter este desconto deberase efectuar a compra das entradas nos despachos de billetes do Teatro Principal ou do Auditorio de Galicia)