DESCUBRE... PANGEA

DATOS BÁSICOS

"A paisaxe sonora do noso planeta"

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA e ABRAHAM CUPEIRO, multinstrumentista

O que caracteriza ao construtor e multiinstrumentista, Abraham Cupeiro é a recuperación de instrumentos perdidos no tempo, e utilizalos para crear novas sonoridades e imbricarlos en músicas alleas a eles.

Hai uns 200 millons de anos no noso planeta existía un único e xigantesco continente: Pangea . Este empezou a separarse e co paso do tempo deu lugar aos diferentes continentes actuais tal como os coñecemos .

A viaxe que propoñemos é a unión mediante a música das diferentes partes do planeta.

Dende a austral Oceanía cos ecos das suas caracolas, ate as misteriosas montañas chinas onde o son do Hulusi debuxa coas súas melismáticas melodías as liñas destas; grandes chairas como as de norteamérica , selvas  como as de sudamérica, a frauta Peule de Senegal, a Gaida Búlgara, a desafiante Zurna e as milenarias cornas de pastor coserán o vestido que unirá unha vez máis a nosa terra, Pangea!

Recomendada para maiores de 12 anos

Duración: 
60 '
Entradas: 

5 €

(se quen merca a entrada é menor de 14 anos, recibe outras 2 de balde. Esta compra só se pode facer nos despachos de billetes)

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e a partir desa hora só se venden entradas para o espectáculo dese día.
Teléfono: 981 542 349

Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto desde 1 h 30 min antes do concerto.

compostelacultura.gal

Funcións: 
Sábado, 23 Febreiro, 2019
18:30
Auditorio de Galicia