DeMENTE

DATOS BÁSICOS

FRAN SIEIRA

DeMente é unha obra de baile e música tradicional galega para público adulto de 60 minutos de duración, cun elenco artístico de 8 bailadores/as en gran formato. As escenas desenvólvense ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Cristian Silva Bóveda. Todo isto atópase dentro dun marco escénico e vestiario ideado por Carlos Alonso Alonso xunto cun deseño de iluminación de Fidel Vázquez Díaz. A fisicalidade e a estética contemporánea, dentro do baile e a música tradicional galega, preséntase a través dos ollos da bailarina e coreógrafa catalana Carla Diego Luque como directora artística.

DeMente plasma unha realidade, un estigma, unhas patoloxías que segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS) sufriron, sofren ou sufrirán nalgún momento da súa vida unha de cada catro persoas. A reclusión practicamente carceraria das persoas “dementes” en tempos pasados, os amoreamentos de persoas enfermas, as contencións mecánicas totais e parciais, así como as contencións químicas (antipsicóticos e outros medicamentos), os suicidios (“Ao tolo cando entraba no manicomio só lle quedaba esperar a morte.”), a explotación da enferma, “os almacéns de carne humana”...

Autoría/Coreografía: Francisco Agustín Sieira González

Dirección Artística: Carla Diego Luque

Bailadores/as: Francisco Agustín Sieira González, Aida Tarrío Torrado, Adela Otero Vázquez, Daniel Rodríguez Fernández, Artur Pastoriza Puga, Martín Mondragón Rivadulla, André Adrio Rodríguez, Patricia Sánchez Seoane

Composición musical: Cristian Silva Bóveda

Deseño de luces: Fidel Vázquez Díaz

Deseño de escenografía e vestiario: Carlos Alonso Alonso

Deseño do espazo sonoro: Isaac Millán Lledo

 

Idade recomendada: > 16

Lingua: galego

Duración: 
60 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • 10 euros. Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Venres, 20 Maio, 2022
20:30
Teatro Principal