DELYANA LAZAROVA DIRIXE Á RFG EN 'SCHUBERTIADA'

DATOS BÁSICOS

TEMPORADA DE ABONO 2021 - 22

A directora Delyana Lazarova debuta á fronte da Real Filharmonía de Galicia. Será a estrea en España da “Fantasía homenaxe a Schubert” da compositora Dobrinka Tabakova. E a clarinetista principal da RFG, Beatriz López, interpretará como solista o “Concerto para clarinete nº 2” de Carl Maria von Weber.

Delyana Lazarova, directora
Beatriz López, clarinete

W. A. Mozart: Abertura de Cossí fan tutte, KV. 588
D. Tabakova: Fantasía homenaxe a Schubert (estrea en España)
C. M. v. Weber: Concerto para clarinete nº 2 en Mi b M, op. 74
F. Schubert: Sinfonía nº 5 en Si b M, D. 485

Entradas: 
  • VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA: XOVES 7 DE OUTUBRO_11.00 H
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h (Luns pechado). Teléfono 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto o día do espectáculo desde 1h antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026
    • (Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.)

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 21 Outubro, 2021
20:30
Auditorio de Galicia