DEJÀ VU

DATOS BÁSICOS

VIVA A ESCENA

DEJÀ VU

MANOLO ALCÁNTARA

 

Auditorio de Galicia

28 de novembro

18.30 h

 

EnFamilia

CircoaEscena

 

Prezo: 3 €

 

Idade recomendada: para todos os públicos, recomendable a partir de 7 anos

Duración: 60 min

Idioma: sen texto

 

Un espectáculo visual, suxestivo, arriscado, sen texto. Con música en directo. Posiblemente unha das mellores creacións circenses dos últimos anos, do Premio Nacional de Circo Manolo Alcántara.

 

DÉJÀ  VU fálanos da distancia entre unha persoa e os seus soños, do que é e o que lle gustaría ser. Soños moi ambiciosos que espertan os seus aires de grandeza, pero á vez imposibles, levándoo ao desánimo. Especialmente suxestivo, arriscado e fascinante... Destilando por momentos un humor fino.

Un espectáculo visual, sen texto, onde se  difuminan as fronteiras entre a realidade e fantasía a partir dunha historia cun punto de melancolía.

 

Premio FETEN 2021 á Mellor adaptación de técnicas circenses á nova dramaturxia
Premio do público 2021 na MIT Ribadavia

 

Idea, creación e dirección: Manolo Alcántara

Composición musical e arranxos: Laia Rius

Intérpretes: Laia Rius, Manolo Alcántara e Andreu Sans/Silvia Compte

Soporte intérpretes: Joan Trilla

Deseño iluminación e son: Ivan Tomasevic

Técnico luz e son: Ivan Tomasevic/Pep Arumí

Deseño e construción títere: Toni Zafra

Vestiario: Rosa Solé

Atrezo e acabados pictóricos: Xavi Erra

Deseño escenografía: Manolo Alcántara

Construción escenografía: Eduardo Fernández e Cia. Manolo Alcántara

Produción musical: Pep Pascual e Laia Rius

Enxeñeiro de son, mesturas e máster: Pep Pascual

Xestión e producción: Clàudia Saez

Duración: 
60 MIN
Entradas: 
  • VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA NESTA WEB
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h (Luns pechado). Teléfono 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto o día do espectáculo desde 1h antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Domingo, 28 Novembro, 2021
18:30
Auditorio de Galicia