DECADENCIA

DATOS BÁSICOS

TRASPASOS

Decadencia é unha obra cáustica, provocadora, que persegue ao público, acurrálao e, a miúdo, obrígalle a rir por non chorar.

Os seus protagonistas, dúas parellas formadas por tres aristócratas e un vividor que aspira a sacar proveito das súas debilidades, son clasistas e racistas, frívolos e desalmados; son hipócritas, banais e egoístas; actúan como depredadores; non teñen principios nin límites, aínda que si medo a que os miserables a quen desprezan se xunten e os ataquen; o seu humor é sarcasmo, a súa ironía é rabia; son grotescos pero perigosos e, primeiro de nada, son infelices, están baleiros aínda que non lles falte de nada, e nin os seus luxos nin a súa luxuria os enchen: a ninguén lle amarga un doce, excepto a eles. E á hora de vingar unha infidelidade, non descartan nin desplumar ao traidor nin cometer un crime...

Steven Berkhoff é un mago do humor negro e esta obra un espello e unha radiografía: no primeiro, vese o que as nosas sociedades ocultan de portas para dentro; na segunda, as enfermidades morais que padecemos.

Dirección: Pedro Casablanc

Adaptación: Benjamín Prado

Reparto: Maru Valdivielso e Pedro Casablanc

Deseño de vestiario: Antonio Belart

Espazo sonoro: Irene Maquieira

Deseño de escenografía: Sebastià Brosa/Silvia De Marta

Dirección de produción: Ana Guarnizo

Produción executiva: Mónica Regueiro/Carles Roca

 

Idade recomendada: > 16

Lingua: castelán

© imaxe: Sergio Parra

 

 

Duración: 
90 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • 14 euros. Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Sábado, 14 Maio, 2022
20:30
Auditorio de Galicia