DE LUGARES E ÓRGANOS. ENCONTRO SOBRE RESTAURACIÓN

DATOS BÁSICOS

DE LUGARES E ÓRGANOS. OUTRAS PAISAXES. DA ARTE DE COMPOÑER ÓRGANOS. UNHA OLLADA RETROSPECTIVA CARA Á RECUPERACIÓN DOS ÓRGANOS DE COMPOSTELA

Da man do experto en conservación e restauración de órganos, Óscar Laguna, un dos membros do equipo que traballou na recuperación de órganos como os da igrexa da Universidade, San Paio ou Iria Flavia, botaremos unha ollada en retrospectiva aos froitos dos traballos de restauración que se emprenderon nas últimas décadas na nosa cidade. Con el conversaremos para coñecer de preto os pormenores do seu oficio, para saber do que é o antes e o despois dunha restauración e para facer un-ha valoración á luz dos resultados destes proxectos décadas despois.

Óscar Laguna colaborou durante máis de 20 anos no obradoiro de Gerhard Grenzing, en Barcelona, especializándose nas tarefas de harmonización e restauración. Na actualidade, desde a súa propia empresa, realiza actividades de restauración e conservación de órganos, colaborando con igrexas, catedrais e museos en España e no estranxeiro. Ademais, colabora como asesor en diversos proxectos de recuperación de órganos históricos. É tamén profesor da materia de Fundamentos de Organería, no Máster de Órgano da Escola Superior de Música de Cataluña.

---

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA ARREDOR DOS ÓRGANOS DE COMPOSTELA. Durante todo o período de programación, en escaparates de diferentes establecementos comerciais da cidade.

 

Duración: 
60 MIN
Entradas: 

Entrada gratuíta previa retirada de convite.
Máximo 2 convites por persoa.
Prégase acudir cunha antelación mínima de 15 minutos. O uso de máscara é obrigatorio.
____
Reserva preferentemente online na web compostelacultura.gal
Horario do despacho de billetes do Teatro Principal: de luns a venres, de 18 a 20 horas.
De non poder asistir, por favor, comuníqueo no teléfono 981 54 23 49 no horario do despacho de billetes.

Funcións: 
Xoves, 20 Agosto, 2020
17:30
Igrexa de San Domingos de Bonaval