DARK HORSE

DATOS BÁSICOS

Dirección: Todd Solondz

Estados Unidos / 2011 / Longametraxe / Ficción / Inglés

Ficha artística

Jordan Gelber, Selma Blair, Christopher Walken, Mia Farrow, Zachary Booth, Donna Murphy.

Ficha técnica

Guión: Todd Solondz.
Fotografía: Andrij Parekh.
Música: Michael Hill.
Produción: Double Hope Films.

Sinopse

Abe, un mozo que vive aínda cos seus pais, dedícase a coleccionar xoguetes. Traballa na empresa familiar e aprovéitase da debilidade que a súa nai sente por el; ten tamén un irmán médico co que non se leva moi ben. Nunha voda coñece a Miranda, unha moza de carácter depresivo á que impulsivamente propón matrimonio. Ela, ao principio non moi entusiasmada coa idea, acaba aceptando, pero a situación non é o que Abe esperaba. Por unha banda, terá que aguantar a Mahmoud, antigo noivo de Miranda, co que ela mantén unha relación cordial pero que a el non lle gusta. Por outro, a relación co seu pai empeora debido ás súas continuas disputas.

Duración: 
86 min
Entradas: 

Entrada libre ata completar aforo

Funcións: 
Martes, 13 Novembro, 2018
17:15
Sala Agustín Magán