DANZA DA CHOIVA

Teatro Principal
DATOS BÁSICOS

Recomendado para infantil e 1º, 2º de Primaria

Chove. A auga da choiva é recollida en recipientes de metal esparcidos polo espazo. Escoitase un galo cantar. Chegan dous personaxes. Recollen verduras da horta e semean cereais. Espantan un bando de paxaros que tenta comer as sementes que acaban de botar á terra e chantan un espantallo na horta para protexer o cultivo. Ao regar, decátanse de que non lles queda auga. Agardan que chova, pero non chove... O tempo pasa e segue sen chover. O lugar está agora seco e deserto. Bailan unha “Danza da choiva” coa esperanza de facer chover. Choverá?

Duración: 
50 minutos
Entradas: 

Gratuíto, previa reserva a través do formulario que poderá descargar no seguinte enlace https://www.compostelacultura.gal/programadidactico e envialo ao correo info@auditoriodegalicia.org na data que figura na carta explicativa

Funcións: 
Luns, 18 Marzo, 2019
10:00
Teatro Principal
Luns, 18 Marzo, 2019
12:00
Teatro Principal
Mércores, 20 Marzo, 2019
10:00
Teatro Principal
Mércores, 20 Marzo, 2019
12:00
Teatro Principal