DANZA (É) CINE

DATOS BÁSICOS

Recomendado para 3º e 4º Primaria

Con DANZA(É)CINE, e como celebración do Día Mundial da Danza, propoñemos que o alumnado participante explore as relacións expresivas e narrativas dos números de danza de distinta tipoloxía en filmes de distintas épocas.

Un espectáculo didáctico producido ad hoc para esta programación, no que contaremos con 4 bailaríns / bailarinas: unha parella de bailes latinos e bailes de salón da escola Sons Club de Baile e Marta Alonso e Paula Quintas de Danza Alfaia.

Estes/as profesionais interactuarán cunha serie de escenas musicais, de maneira que o alumnado estará vendo no escenario unha recreación do estilo de danza que aparece en pantalla. Cada unha das pezas propostas contará tamén, tras estas microescenas de danza, cunha parte interactiva na que se explicará aos nenos/as as características expresivas de cada tipo de baile, e a razón polo que este está inserido na película que acaban de ver.

Duración: 
1 h
Entradas: 

Gratuíto, previa reserva a través do formulario que poderá descargar no seguinte enlace https://www.compostelacultura.gal/programadidactico e envialo ao correo info@auditoriodegalicia.org na data que figura na carta explicativa

Funcións: 
Luns, 29 Abril, 2019
10:00
Auditorio de Galicia
Luns, 29 Abril, 2019
12:00
Auditorio de Galicia