DA AVARICIA, A LUXURIA E A MORTE

DATOS BÁSICOS

TEATRO DO NOROESTE

EscenaGZ

Idade recomendada: adultos

Rede Galega de Teatros e Auditorios. AGADIC

 

De xeito inmenso, certeiro e maxistral, Valle-Inclán trenza nas tres obras que configuran este espectáculo os dous únicos motores que moven o mundo humano, a avaricia e a luxuria co seu inevitable tránsito final: a morte. Da singular e poética Ligazón (auto para siluetas), lívida como o vento, pasando pola americana e patriótica La cabeza del Bautista (melodrama para monicreques), tallada en terra, ata a espectral e contundente La rosa de papel (novela macabra), forxada no lume, todas elas expresadas nunha tradución que é reposición con aceno de canónica.

Autor: Ramón María del Valle Inclán

Dirección e deseño iluminación: Eduardo Alonso

Versión: Manuel Guede Oliva

Web: teatrodonoroeste.com

Club C!

#CONVERSANDO Previo á representación, e dentro das actividades do Club C! poderá verse o documental 'Que nos quiten o bailado', sobre a traxectoria da compañía Teatro do Noroeste. Será o mércores 23 ás 20.30 h no Principal con entrada de balde ata completar cabida.

Duración: 
90'
Información da billeteira: 

12 € (descontos habituais do 50%)

 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.

 

Teléfono: 981 542 349

Funcións: 
Xoves, 24 Xaneiro, 2019
20:30
Teatro Principal
Venres, 25 Xaneiro, 2019
20:30
Teatro Principal

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural