DÍA EUROPEO DA MÚSICA

DATOS BÁSICOS

Baixo o lema Música para Camiñantes, o 21 de xuño celébrase o Día Europeo da Música con concertos ao aire libre de diversos estilos en distintos lugares e escenarios de Compostela. Música para escoitar mentres se pasea a modo de banda sonora.

As actuacións evitarán a concentración de público que poderá ir desplazándose de cita en cita.

 

BRINCADEIRA, CANTIGAS E AGARIMOS, COLEXIATA DE SAR E ULTREIA

De 11.00 a 13.00 e de 16.00 a 18.00 h_ Concheiros, San Pedro, Basquiños, Zona Vella, Praza de Galicia, Ensanche, Romero Donallo

Agrupacións folclóricas de baile e música tradicional percorrerán Compostela. Música para escoitar mentres se camiña.

.

GRUPO DE CLARINETES DA BMSC

12.00 h_ Praza Roxa

Obras de Mozart, Grundman, H. Mancini, B. Goodman, S. Joplin e G. Baudot

 

GRUPO DE SAXOFÓNS DA BMSC

13.00 h_ Praza das Praterías

Baixo o título de 'Música entre danzas' ofrecerán obras de C. Debussy, D. Shostakovich, L. Florenzo, A. Piazzola, P. Iturralde e G. Miller

 

AIDA SACO, piano

18.00 h_ Parque Eugenio Granell (Xardín ornamental do Parque Novo Milenio)

Aida Saco, formada en música clásica, ten participado como concertista en numerosos ciclos e eventos musicais tanto de carácter colectivo como solista.

 

TON RISCO, vibráfono

18.45 h_ Praza das Pontes do Sar

Ton Risco agora moi centrado no vibráfono foi batería e percusionista. Formado en música clásica e jaz, o seu carácter ecléctico lévao a colaborar cunha gran variedade de artistas de todo o mundo.

SISTER IN THE HOUSE

19.30 h_ Praza Roxa (cruceiro do Agro de Ramírez)

Sisters in the House, finalistas na categoría de coro e grupos vocais na edición dos premios Martin Codax da Música en 2016 e 2017, achegarán o soul a todos os públicos cun repertorio que vai desde The Beatles ou Beyonce, pasando polo rock de The Rolling Stones ou o soul clásico de Ray Charles, Stevie Wonder e Aretha Franklin, así como una sección de cancións populares galegas.

GERSON TINEO TRÍO

20.15 h_ Rúa de San Clemente

Gerson Tineo Trío  traerá xéneros musicais de todo o mundo levados ao campo do jazz.

 

 

Funcións: 
Domingo, 21 Xuño, 2020
Varios lugares