CURVA ESPAÑA

DATOS BÁSICOS

Curva España

A historia da curva na que se matou España

Nos últimos anos Chévere realizou unha serie de traballos que exploraron as posibilidades do teatro-documento e a memoria colectiva como desencadeantes dunha ficción teatral. Este proxecto é un paso máis para afondar nos mecanismos narrativos que xorden na fronteira entre a realidade e a ficción, entre ahistoria e a lenda, entre a pantalla e o escenario. 

Coma outras veces, Chévere parte dunha historia moi local que se foi transmitindo oralmente de xeración en xeración entre a xente da comarca de Verín (Ourense) durante os últimos cen anos.

Curva España trata sobre un crime aparentemente sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes sobre os seus autores, motivacións e consecuencias. A partir da existencia de distintas versións sobre o caso, artellamos unha peza que ironiza sobre o formato documental combinando teatro e cine en directo, bebe do xénero policial e funciona como unha alegoría da construción do estado nación español coma se fose a promesa dun tren que nunca chegou. Porque a esta zona afastada España apenas chegou en forma de mito, e o mito fala da súa morte nunha curva.

#chévere #cinescénico #documental #alegórico

Toda a información en http://redenasa.tv/es/residencias/curva-espana/

 

Dirección e dramaturxia: Xron

En escena: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Lucía Estévez e Leticia T. Blanco

Unha produción Chévere en coprodución con Teatros del Canal, Concello de Teo e MIT Ribadavia

 

#posfuncion

Ao remate do espectáculo o día 11, teremos #posfunción para debater sobre o espectáculo, o que a obra conta, o que “quere dicir” e como se vive desde a realidade do presente esas mesmas situacións. A partir de aí, o debate estará aberto ao público asistente e aos elencos artísticos.

Duración: 
80
Entradas: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349
Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

Funcións: 
Venres, 11 Outubro, 2019
20:30
Auditorio de Galicia
Sábado, 12 Outubro, 2019
20:30
Auditorio de Galicia