CURTOCIRCUÍTO_RADAR 2

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2020
RADAR  2

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Unha variada selección dos títulos que marcan tendencias a escala mundial, tanto na ficción como na animación ou o documental. Cineastas experimentados conviven con novas promesas: curtas que chegan avaladas por numerosos premios concedidos en festivais internacionais e novas obras que Curtocircuíto quere dar a coñecer.

Waste no6: How great    
Jan Ijäs | 2019 | 45:28 | Finlandia | DOC | COR    
Antes, pegabamos as fotografías en álbums de cartón, escondiamos as cartas e outra correspondencia nun lugar seguro, e exhibiamos a música e as películas nos nosos andeis. Agora, esa mesma información almacénase nos nosos teléfonos e nos discos duros dos nosos computadores, e ocúltase nunha nube. Esa nube adoita representarse en cor azul sobre fondo branco.

Bugs & Beasts Before the Law    
Sharlene Bamboat, Alexis Mitchell (Bambitchell) | 2019 | 32:30 | Canadá, Alemania, Reino Unido | EXP | COR        
Insectos e bestas ante a lei é un filme experimental que explora a práctica medieval de levar os animais a xuízo. A historia do proceso lexislativo colonial forxou relacións políticas e ás veces profanas entre humanos e animais. A película reimaxina as percepcións comúns da historia xurídica e, deste xeito, crea un mundo onde o pasado e o presente, a ficción e a non ficción se fusionan.

 

Duración: 
80 MIN
Entradas: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Entradas dispoñibles para todos os eventos do Festival desde o 29 de setembro, de martes a sábado (+ días de evento) entre as 18:00 e as 21:00h. Semana do Festival de 16:30h  ata o comezo da última sesión.
Teléfono: 981 542 349

NUMAX: só se poderán adquirir entradas para as proxeccións realizadas nesta sala. Entradas dispoñibles desde o 29 de setembro. Teléfono: 981 560 250

 

Funcións: 
Luns, 5 Outubro, 2020
19:00
Teatro Principal