CURTOCIRCUÍTO_PLANETA GZ 2

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2020
PLANETA GZ  2

Esta competición aglutina as producións galegas que Curtocircuíto considera máis arriscadas e interesantes, ao mesmo tempo que intenta conformar un conxunto que represente a heteroxeneidade da escena cinematográfica galega.

MARCAS
Aldara Pagán | 2020 | 09:34 | España | EXP | COR
En MARCAS Pagán recupera tres poemas que escribiu cando tiña entre 16 e 18 anos e conformou unha serie de poemas visuais nos que as imaxes do seu corpo na pantalla son acompañadas pola súa propia voz recitando. Con esta especie de tríptico volve dalgunha maneira á adolescencia e redescúbrese a si mesma, as súas pantasmas. Peza filmada en Super 8 na Elías Querejeta Zine Eskola.

Blanco y fucsia
Marta Valverde | 2020 | 10:36 | España | EXP | COR
Chego á casa do meu traballo mal pagado. Outra vez tarde. Abro o frigorífico e recordo que non só non me puiden preparar unha friameira para hoxe, senón que non tiven nin sequera tempo de ir facer a compra. Miro luxuriosamente as baldas dos meus compañeiros de piso, pero non vexo nada que poida roubar sen que se decaten. Acabo por cocer pasta con pesto e levo o prato ao me cuarto. A miña parede chea de pósteres, fotografías e debuxos é unha fiestra. Pecho os ollos, xa non estou alí, estou en calquera outro tempo, en calquera outro lugar.

Vestiges (an archipelago)
Enar de Dios | 2020 | 40:59 | Austria | EXP, DOC | COR
Vestiges (an archipelago) é un videoensaio que investiga a nosa insaciable demanda de area, o recurso natural máis usado do mundo despois da auga. Trátase dun labirinto narrativo e poético onde se cruzan o colonialismo, as dragas e os proxectos de "recuperación do solo", e onde se conta como a area está enmarañada na máquina global que chamamos progreso.

Notas sobre a habitabilidade en A Barca
Cinema Semente | 2020 | 16:54 | España | EXP, DOC | COR
Primeiro filme-investigación xurdido do colectivo Cinema Semente. Nace da utopía dun espazo cinematográfico no rural galego.

As horas cegas
Lara e Noa Castro | 2019 | 10:23 | España | EXP, DOC | COR
As horas cegas é un retrato da noite e de quen a percorre. Explorase a través dun personaxe cuxa ruta repítese noite tras noite e que axuda a xerar un transo, unha observación dinámica e inmersiva arredor desta figura do repartidor e da paisaxe durante a escuridade.

A loba
Iria Silvosa | 2019 | 09:35 | España | EXP | B&N
Polas paisaxes nocturnas camiña tralos pasos da bandoleira Pepa a Loba na compaña do seu inseparable can. Unha busca cega entre os restos ficticios e a natureza documental da súa pegada en terras chairegas.

 

Duración: 
90 MIN
Entradas: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Entradas dispoñibles para todos os eventos do Festival desde o 29 de setembro, de martes a sábado (+ días de evento) entre as 18:00 e as 21:00h. Semana do Festival de 16:30h  ata o comezo da última sesión. Teléfono: 981 542 349

NUMAX: só se poderán adquirir entradas para as proxeccións realizadas nesta sala. Entradas dispoñibles desde o 29 de setembro. Teléfono: 981 560 250

Funcións: 
Mércores, 7 Outubro, 2020
21:30
Teatro Principal