CURTOCIRCUÍTO_EXPLORA 2

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2020
EXPLORA 2

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Sección centrada na procura de novas caligrafías fílmicas. Pezas dificilmente catalogables nun xénero que dilúen a idea tradicional do cinema mediante a exploración de sendas innovadoras, próximas á videoarte, o documental ou o cinema de vangarda.

Collapsing Mies    
Claudia Larcher | 2020 | 07:00 | Austria | ANI, EXP | COR    
Dúas fotografías bidimensionais de obxectos tridimensionais reconvértense virtualmente en espazos 3-D artificiais, ademais de estratificarse e superpoñerse entre elas. Deste xeito, a artista reproduce unha complexa estrutura espacial con múltiples perspectivas, creando ao mesmo tempo un movemento abstracto minimalista.

There must be some kind of way out of here    
Rainer Kohlberger  | 2020 | 13:00 | Alemaña | EXP | COR
As catástrofes repítense incansablemente no cine de Hollywood. O cine de catástrofes é un xénero que alude á psique colectiva de cada respectiva época histórica. A perspectiva dun anhelo posmoderno de momentos de destrución espectacular, que interrompe brevemente a aburrida monotonía do consumismo capitalista tardío, mostra o contraditoria que é a cultura popular posmodern

APIYEMIYEKÎ?
Ana Vaz | 2019 | 28:00 | Brasil, Francia, Portugal, Países Baixos | EXP, DOC | COR, B&N        
Un arquivo de debuxos realizados polos Waimiri-Atroari durante a súa primeira experiencia de alfabetización constrúe unha memoria visual colectiva do seu proceso de aprendizaxe, perspectiva e territorio ao tempo que documenta o seu encontro co “home civilizado”.

Untitled    
Takashi Makino | 2020 | 20:30 | Xapón, Australia, Taiwán |EXP |COR, B&N
Untitled (Sen título) é unha película colaxe que combina a imaxe e o son de Takashi Makino, a música de Lawrence English e o texto de escritura automática de Esperanza Collado, producidos entre marzo e xuño de 2020, cando o primer ataque do coronavirus sacudiu o mundo.

 

Duración: 
70 MIN
Entradas: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Entradas dispoñibles para todos os eventos do Festival desde o 29 de setembro, de martes a sábado (+ días de evento) entre as 18:00 e as 21:00h. Semana do Festival de 16:30h  ata o comezo da última sesión. Teléfono: 981 542 349

NUMAX: só se poderán adquirir entradas para as proxeccións realizadas nesta sala. Entradas dispoñibles desde o 29 de setembro. Teléfono: 981 560 250

Funcións: 
Venres, 9 Outubro, 2020
22:00
NUMAX