CURTOCIRCUÍTO X CINECLUBE DE COMPOSTELA: EULOXIO RUIBAL E O EQUIPO LUPA

DATOS BÁSICOS

HOLOCAUSTO

Euloxio Ruibal | 1972 | 15:00 | Galicia | DOC | B&N

Gravada na aldea de Figueiras, ao pé do compostelán monte do Pedroso, esta perturbadora curtametraxe sitúanos nun pobo imaxinario e sometido, que obedece dende tempos ancestrais a ritos e supersticións, entre as que se atopa a entrega dos acabados de nacer á deusa do pobo. A historia dun pai rebelde, que consegue salvar a súa crianza, e o seu posterior sacrificio, compoñen o armazón argumental da cinta.

 

O CORPIÑO

Equipo Lupa | 1972 | 10:07 | Galicia | DOC | COR, B&N

O corpiño achéganos á célebre romaría que no día San Xoán se celebra na parroquia de Santa María de Losón, nun outeiro situado no val do río Deza. A peza está dividida en dúas partes: unha primeira acompañada dunha voz en off onde centos de persoas se achegan ao santuario; e unha segunda, a procesión en si mesma, onde a virxe sae da capela e percorre o adro, tendo que ser tocada cunha prernda daquela persoa á que se quere curar do malfado.

 

PELIQUEIROS

Equipo Lupa | 1973 | Galicia | DOC | B&N

A filmación do entroido ourensán mantense coma un motivo case que constante nas distintas iniciativas cinematográficas da década, mais será a visita do grupo Lupa ao entroido de Laza e os seus célebres peliqueiros a que de comezo ao rexistro desta singular festividade.

 

RAPA DAS BESTAS

Equipo Lupa | 1972 | 14:00 | Galicia | DOC | B&N

Continuando co rexistro de elementos patrimoniais da cultura galega que se crían en risco de desaparición, o Equipo Lupa achégase a unha das máis populares rapa das bestas, desta volta en Candaoso, Viveiro.

 

EDIFICIO CASTROMIL

Euloxio Ruibal | 1975 | 17:35 | Galicia | DOC | B&N

Filmación da demolición do edifico modernista situado na Praza de Galicia de Santiago de Compostela que fora construído en 1926 polo arquitecto coruñés Rafael González Villar e cuxo derrubo causou unha forte polémica en 1974, cando o concello da cidade expropia o inmoble para o seu derrubo. O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) reclama que sexa declarado monumento Histórico Artístico pero a pesar das protestas o edificio derrúbase en 1975 para a construción dun aparcadoiro subterráneo.

Información da billeteira: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Semana do festival de 16:30 a 23:00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349

Funcións: 
Domingo, 29 Setembro, 2019
20:15
Teatro Principal

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural