CURTOCIRCUÍTO - VESSEL+MAIA+TRIFULCA

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2019 - Vessel + Pedro Maia live A/V + Trifulca

 

VESSEL

O recoñecido produtor e compositor de música Sebastian Gainsborough comezou a súa carreira como provedor de música electrónica left field de baixos potentes, usando o seu gusto único para crear composicións inmersivas que exploran a textura e o tono, o orgánico e o artificial. O seu primeiro álbum, Order of Noise (Tri Angle Records, 2012) posicionouno como un artista na vangarda da nova música electrónica británica.

Punish, Honey (2014) supuxo o abandono do camiño que Vessel seguira ata o momento, deixando a un lado as ferramentas dixitais en favor de hardware analóxico e instrumentos creados a man para desenvolver unha paleta sónica única.

Mentres levaba a cabo esa exploración, Gainsborough compuxo Queen of Golden Dogs, o se álbum máis sólido e persoal. Este une os referentes de toda a súa carreira para crear composicións moi elaboradas e de gran profundidade que conectan con aquelas novas propostas experimentais que viña descubrindo tempo atrás. Combina cordas orquestrais punzantes con percusión propulsiva para conseguir un son que é a partes iguais Arnold Schoenberg e Oneohtrix Point Never. Queen of Golden Dogs foi publicado (de novo por Tri Angle) no 2018. Unha viaxe creativa que abarca dende a histeria propia dunha rave ata pezas neoclásicas, pasando por todo tipo de transicións vocais.

En directo, traballa co aclamado artista visual e colaborador dende hai moito tempo –Pedro Maia– director da obra mestra que acompaña ao single principal de QOGD, Paplu. Maia crea un acompañamento visual que se retroalimenta co carácter inmersivo e visceral de Gainsborough. Vessel continúa a ser unha voz realmente singular. Sexa cal sexa o seu próximo paso, é probable que te leve a algo distinto de todo o que escoitaras antes.

www.vesseluk.bandcamp.com

 

PEDRO MAIA

Nacido en Vila do Conde (Portugal), no 1983. Con base in Berlín.

Pedro Maia é un cineasta que traballa principalmente con película de 16 e 8 mm, xogando cos límites e a estética do cine analóxico manipulando o material bruto e desafiando o proceso tradicional, expandindo continuamente o legado tecnolóxico e visual dos métodos clásicos de cine.

As súas películas foron presentadas en festivais de cine e galerías como a Tokyo Contemporary Art Museum, o Armenian Centre for Contemporary Experimental Art, o MACBA Barcelona, o Edinburgh International Film Festival, a Mostra São Paulo, o Curtas Vila do Conde ou o Indie Lisboa, entre outros.

Traballa tanto en solitario como en colaboracións con varios músicos: Vessel, Shackleton, Visionist, Jacaszek, Shxcxchcxsh, Tropic of Cancer, Craig Leon, Demdike Stare, Lee Ranaldo, Fennesz o Porto Remix Ensemble. Presentou algúns destes traballos en festivais internacionais como Sónar, Unsound, Berlin Atonal, All Tomorrow’s Party, Mutek, Dekmantel, TaicoClub Japan, Red Bull Music Academy, así como en institucións de renome como a The Barbican, Serralves Museum, CA2M Centro de Arte Dos de Mayo, Eye Film Museum, Contemporary Cultural Center of Valencia, Caixa Forum Barcelona, etc.

www.pedromaia.net/

 

Trifulca

Trifulca e o novo proxecto dos composteláns Carlos Gómez e Guillermo Cavero, ambos prolíficos artistas que formaron parte de proxectos musicais como Puma Pumku o Vozzyow. Agora deixaron as guitarras de lado e mergullaron as súas ambicións na música electrónica, o dark techno e o quakin bass. Unha música que nos invita a navegar cara ritmos agresivos que rozan o techpunk e texturas industriais que bordan o no wave abstracto propio dos 80’s. Están a punto de sacar novo material e de consolidar unhas datas realmente prometedoras ao acabar o verán.

Máis información na web de Curtocircuíto.

---

Curtocircuíto, Festival Internacional de Cinema, naceu en 2004 coa intención de potenciar e premiar a creación audiovisual no eido da curtametraxe e xa se converteu nun referente internacional deste formato. Este ano 2019 celebramos a 16ª edición do 28 de setembro ao 6 de outubro.

Na sección oficial deste destacado festival, que traballa en contacto directo cos grandes festivais europeos, compiten filmes de todo o mundo e nas seccións paralelas ofrécese unha ampla variedade de duracións e formatos. Comprometido co seu tempo, apoia aos creadores e creadoras e tenta chegar a todo o público como punto de encontro lúdico cultural coa programación de actividades paralelas.

Organizado polo concello de Santiago de Compostela, e coa xestión do Auditorio de Galicia  conta co apoio da ICAA (Instituto de Cinematografía y de las Artes Visuales), AGADIC e da Deputación de A Coruña.

http://curtocircuito.org/gl

Duración: 
90
Entradas: 

7 €

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349

Funcións: 
Venres, 4 Outubro, 2019
22:30
Sala Capitol