CURTOCIRCUÍTO 2019 - RŪGA. Javier Martín + Marta Verde + Artur M. Puga
Corpo, imaxe en movemento e síntese modular articuladas a través da improvisación, a retroalimentación e o estudo do ritmo e da luz. Texturas, ruído e vibración xeradas en tempo real.
“Chega a orde a través do ruído. Complexidade creada a partir do ruído”, Henri Atlan, Entre o cristal e o fume.
Curtocircuíto reúne á artista visual Marta Verde, o creador sonoro Artur M. Puga e o coreógrafo e investigador Javier Martín, para crear unha performance comisionada e creada en exclusiva para o propio festival: RŪGA. Nela os tres fusionarán o corpo coa imaxe en movemento e a síntese modular, todo iso articulado a través da improvisación, a retroalimentación e o estudo do ritmo e da luz en tempo real. Tres artistas galegos que son presente e futuro da nosa escena. Será no Teatro Principal, onde artistas e público compartirán un mesmo espazo: a intimidade do escenario detrás da pantalla.
Máis información na web de Curtocircuíto.
http://curtocircuito.org/gl