CURTOCIRCUÍTO ACREDITACIÓNS PROFESIONAIS

Varios lugares
DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2019 | ACREDITACIÓNS PROFESIONAIS
SECCIÓN: CINEMA
SEDE: VARIAS SEDES
DATAS: 28.09.2019 / 06.10.2019
PREZO: 12€

A acreditación profesional ten un custo de 12 euros.
A acreditación de prensa é de balde.

Para facer efectiva a acreditación profesional para Curtocircuíto 2019, será necesario facer o pagamento a través desta web. As acreditacións poden ser recollidas a partir do sábado 28 de setembro ás 16:00 h na oficina do festival na sede de Abanca Obra Social e o resto de días en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.

Unha vez realizado o pago, deberás adxuntar o xustificante do mesmo no formulario situado nesta ligazón.

Antes de realizar o pagamento, por favor, revisa as condicións:

— O prazo para solicitar a acreditación estará aberto ata o 25 de setembro de 2019.
— O pago das acreditacións profesionais farase exclusivamente mediante o enlace situado ao final destas normas. É imprescindible adxuntar o xustificante de pago no formulario de inscrición.
— A acreditación profesional dá acceso a todas as proxeccións de pagamento de Curtocircuíto 2019, previa retirada da entrada no despacho de billetes.
— O titular da acreditación recibirá, alén diso, unha copia do catálogo de Curtocircuíto 2019 e unha bolsa promocional do festival.
— Esta acreditación non dá acceso ás actividades formativas. Para participar nelas é preciso encher os formularios correspondentes.
— Para o acceso aos actos de inauguración e clausura, que son gratuítos, tamén haberá que retirar unha entrada en taquilla.
— A acreditación non cobre a entrada aos concertos. Estas deben adquirirse nos puntos de venda habilitados para a ocasión.
— Tanto a prensa como os profesionais haberán de identificarse no momento de recolleren a súa acreditación.

O festival non cobre gastos de transporte nin de aloxamento. Se desexa asistir a Curtocircuíto, pode pedir información sobre os hoteis con desconto do festival en acreditaciones@curtocircuito.org

Entradas: 

Prezo para a acreditación profesional  (todas as proxeccións de pago): 12 euros

Funcións: 
Sábado, 28 Setembro, 2019 a Domingo, 6 Outubro, 2019
00:00
Varios lugares