CURTOCIRCUÍTO: ABONO DE PROXECCIÓNS

DATOS BÁSICOS

Curtocircuíto pon á venda un abono de proxeccións para esta edición do festival. Estes abonos, dispoñibles a un prezo de 18 €, darán acceso a todas as proxeccións de pago do festival, que celebrará dende o 28 de setembro ata o 6 de outubro.

AVISO: Non teñades en conta o que indica a hora da función, esatdes mercando un abono para todas as proxeccións do festival

As actividades do festival terán lugar en espazos como o Teatro Principal, NUMAX, o Salón Teatro, o Edificio ABANCA Cervantes, o CGAC ou a Sala Capitol. As proxeccións terán lugar no Teatro Principal, Salón Teatro e NUMAX.

Quen faga agora a súa compra poderá retirar os abonos a partir do 23 de setembro no despacho de billetes do Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Avisos importantes:

  • O abono de proxeccións non garantiza o acceso a todas as proxeccións. Para acceder ás mesmas é necesario retirar sempre a entrada no despacho de billetes: por favor, ten en conta que é posible quedar sen entrada a pesar de presentares o abono, no caso de que as localidades se teñan esgotado previamente.
  • O abono de proxeccións non dá acceso nin ás actividades formativas nin aos concertos e performances. 
  • A clausura e a inauguración do festival son de balde, ata completar aforo, previa retirada das entradas no despacho de billetes do Teatro Principal a partires do 23 de setembro.
Entradas: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349

Funcións: 
Sábado, 28 Setembro, 2019 a Domingo, 6 Outubro, 2019
23:59
Varios lugares