Celebraremos a 19ª edición de Curtocircuíto – Festival Internacional de Cinema do 1 ao 9 de octubre, convertendo de novo a Santiago de Compostela en punto de referencia de profesionais e aficionados ao cinema.
Abonos para as proxeccións Festival Curtocircuito
abonos proxeccións - anticipada 12€ / prezo xeral 18 € a partir do 1 de setembro.
Avisos importantes:
- O abono de proxeccións non garantiza o acceso a todas as proxeccións. Para acceder ás mesmas é necesario retirar sempre a entrada no despacho de billetes: por favor, ten en conta que é posible quedar sen entrada a pesar de presentares o abono, no caso de que as localidades se teñan esgotado previamente.
- O abono de proxeccións non dá acceso nin ás actividades formativas nin aos concertos e performances.
- A clausura e a inauguración do festival son de balde, ata completar aforo previa retirada de convite.