CURTAS GALEGAS SESIÓN 2

DATOS BÁSICOS

PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO

XOV 19, 16:00 | NUMAX

 
CARTA Nº 4 (2020)

Marcos Nine

España / 2020 / 12 min. / Documental / Galego

Interveñen: Eloy D. Serén. Marcos Nine, Alberto Nuñez Feijoo, Pachi Vázquez, Francisco Jorquera, Xosé Manuel Beiras, María Dolores de Cospedal, Javier Sánchez de Dios, Ximena Losada, Miguel Mariño, Xiana Arias, Martin Pawley, Aarón Toledano

Ficha técnica:

Guión e montaxe: Marcos Nine Tradución: Miriam Devesa Deseño gráfico: Rodrigo Losada

Un cineasta, fillo de emigrantes, escribe unha videocarta a un cineasta obrigado a emigrar. O tempo é como un bucle. Descoñecemos se vivimos no pasado ou se é o inicio do futuro por chegar. A mesma política repítese unha e outra vez.

Marcos Nine

(Hannover, 1977)

Cineasta e guionista que centra o seu traballo nos campos da non-ficción e a experimentación. Inicia a súa carreira en 2001 como guionista de series de televisión ata que en 2003 dirixe Carcamáns, documental sobre a catástrofe do Prestige na ría de Arousa. Estreou a súa primeira longametraxe, La Brecha (2012), no prestixioso BAFICI de Bos Aires; A viaxe de Leslie (2014) foi a súa segunda longa.

_____

COMO ESTATUAS QUE SON LOS GUARDIANES DE LOS MUERTOS (2019)

Gonzalo E. Veloso

Galicia / 9 min. / Experimental / Sen diálogos

Ficha técnica:

Guión: Gonzalo E. Veloso
Fotografía: Mauro Herce
Sonido: Carlos Martínez Peñalver-Mas

Música: Carlos Martínez Peñalver-Mas

“Neste esforzo por recuperar o mundo tal e como o captamos na experiencia vivida, todas as precaucións da arte clásica voan en pedazos” (Maurice Merleau- Ponty).

Gonzalo E. Veloso

(A Coruña, 1985)

Estudou filoloxía hispánica, especializándose en teoría da cultura, na USC, na UDC e en Princeton. Posteriormente, cursou o mestrado en documental de creación na Universitat Pompeu Fabra. Foi seleccionado no IV Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura e no Inspiration Forum do Jihlava IDFF (República Checa). As súas curtas Árbores e Algunhas nubes flotan lonxanas foron exhibidas no 31o Cineuropa.

____

MONTE BRAVO (2020)

Noelia María Muíño González

Galicia / 13 min. / Ficción / Galego

Ficha artística:

Paula Vázquez Corral, Pablo Balado Rey, Isabel Figueira Salgueiros, María del Carmen Sanjurjo Manteiga

Ficha técnica:

Guión: Noelia María Muíño González
Fotografía: Lorena M. Durán
Edición: Noelia María Muíño González

Produción: Noelia María Muíño González, Manuel Muíño Vázquez, María Isabel González Aguiar
 

Paula é unha nena que vive nunha aldea galega despois da Guerra Civil. Un día, mentres xoga co seu irmán Pablo, ve un lobishome no bosque. Pero, é real ou só está na imaxinación da nena? Mediante a procura dos irmáns para atopar o licántropo, somerxémonos nunha relación chea de soidade, alegría e medo.

Noelia María Muíño González

(Hannover, 1977)

Escritora, produtora, directora e editora tanto de curtametraxes como de documentais. As súas películas foron seleccionadas por diferentes festivais de cinema e obtiveron varios premios, entre eles, mellor curtametraxe internacional por The widow no Festival de Cinema de Alacante. Actualmente, Noelia está a traballar como directora dunha serie de televisión.

Co apoio do Programa Creative Europe da Unión Europea, proxecto Wom@rts.

___

BURDEOS-PORTO (2020)

Àngel Filgueira, Marta Valverde

España / 11min. / Documental / Galego

Ficha técnica:

Edición: Àngel Filgueira, Marta Valverde

Ángel Filgueira

(Redondela 1992)

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, estuda o Máster de Investigación en Prácticas Artísticas e Visuais en Cuenca no 2018-2019. No 2018 estrea a longametraxe documental Sevilla e Gomorra, proxectado no festival Cineuropa dese ano. Actualmente traballa na súa seguinte longametraxe Cando toco un animal, que participou no LAB do Festival Novos Cinemas de 2018 e no Imput do S8 - Mostra de Cinema periférico deste 2020.

Marta Valverde

(Nigrán, 1994)

Desenvolve o seu traballo no audiovisual e na fotografía desde a experimentación e a hibridación de formas. Graduada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo e recentemente titulada pola UPV/ EHU no Máster en Arte Contemporánea Tecnolóxica e Performativo, é actualmente bolseira no Máster en Artes e Profesións Artísticas da escola Sur. Co-creadora do espazo Fuck this studio en Vigo, realiza pezas audiovisuais propias como Resiliencia (2016), O tempo suspendido (2017), ou Blanco e Fucsia (2020).

Co apoio do Programa Creative Europe da Unión Europea, proxecto Wom@rts.

_____

HELSINKI 79 (2019)

Pablo Fontenla

Galicia / 20 min. / Ficción / Castelán, inglés, finés

Ficha artística:

Antti Nykänen, Tomás Ahola, Marika Ketola, Roberto Leal, Luis Soto, Jordi Ortega, Martín Ahola, Moncho Bazarra, Pablo Fontenla, Daniel Vilaverde, Perico Balado, Iván Valdés, Ángel Suanzes

Ficha técnica:

Guión: Brais Romero, Pablo Fontenla Fotografía: Javier Alonso, Pablo Fontenla Edición: Emilio Carral
Produción: Pablo Fontenla, Águeda Penedo

Pablo Fontenla

(Vigo, 1979)

Realizador, director de foto e operador de cámara. Formouse na Escola de Imaxe e Son da Coruña na especialidade de imaxe e na Universidade de Santiago de Compostela como Especialista en arte dramática. A súa actividade profesional está vinculada á realización e gravación de programas de TV, documentais, anuncios e cinema.

 

Duración: 
66 min
Entradas: 

VENDA E RETIRADA DE CONVITES

  • Para as proxeccións de todas as salas
    • compostelacultura.gal
    • Despacho de billetes do Teatro Principal: de 15.30 a 21.00 h e polas mañás desde unha hora antes do inicio da proxección.
  • Para as proxeccións do Auditorio de Galicia tamén se poden retirar na propia sala desde unha hora antes do inicio dos filmes.
  • Para as proxeccións de Numax tamén se poden mercar na propia sala no seu horario habitual (numax.org)

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

CONSULTA O PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS NA PORTADA

____________

Retrasmisión en liña a través da canle de You Tube Compostela Cultura

Funcións: 
Xoves, 19 Novembro, 2020
16:00
NUMAX