CURTAS GALEGAS SESIÓN 1

DATOS BÁSICOS

PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO

VEN 13, 16:00 | NUMAX

 

ONDE ESTAMOS NÓS, A OUTRA OLLADA DO CINEMA (2018)

Lara Alonso

Galicia / 39 min. / Documental / Galego

Onde estamos nós é un documental feminista, de carácter testemuñal, que ten como obxectivo visibilizar a obra audiovisual dalgunhas das directoras máis recoñecidas do ámbito galego. O proxecto adquire unha visión crítica da ausencia de mulleres no posto de dirección en Galicia. Pretende concienciar sobre o que supón ser muller e dirixir, da falta de referentes femininos nos manuais de estudo, da invisibilidade nas carteleiras, entre outros aspectos de interese, abordados desde unha clara perspectiva de xénero.

Interveñen: Melania Cruz, Antonio Durán ‘Morris’, Xúlio Mariana Carballal, Noemí Chantada, Paula Cons, Lucía Estévez, Anxos Fazáns, Xisela Franco, Margarita Ledo e Olga Osorio

Ficha técnica:

Guión, edición e produción: Lara Alonso
Imaxe: Alba Acuña, Lara Alonso e Silvia Troncoso Son: Alba Acuña , Brais Gómez e Silvia Troncoso Titor TFG: Paulino Pérez

 

Lara Alonso Vázquez

(Vigo, 1996)

Graduouse en comunicación audiovisual en Pontevedra. Ao longo dos seus estudos dirixiu varias curtametraxes: Sueña (2015), un stop motion de papel, e Lume (2018), videoarte para o proxecto Galifemia. Como Traballo de Fin de Grao (2018), presentou o documental Onde estamos nós, a outra ollada do cinema. Neste momento segue escribindo e desexando que as súas verbas se transformen en imaxes.

Co apoio do Programa Creative Europe da Unión Europea, proxecto Wom@rts.

_____

THE DEATH: EL REENCUENTRO (2020)

Pablo Vázquez

Galicia / 31 min. / Documental / Castelán

 

Ficha artística:

Iago Álvarez, Javier Varela, Pablo Villalobos, Pablo Vázquez

 

Ficha técnica:

Guión, fotografía e montaxe: Pablo Vázquez

Banda sonora: Denis Carballás, Pablo Vázquez

 

Tres amigos rememoran vellos tempos a través dunha película que filmaron cando eran nenos: The Death. Á súa vez, o director do documental reflexiona sobre a importancia que esta obra tivo na súa traxectoria e na súa vida. Unha homenaxe ás amizades da infancia e á inocencia do cinema caseiro feito por pura diversión.

 

Pablo Vázquez

(Vigo, 1995)
Tras graduarse en comunicación audiovisual na Universidade de Vigo, dedicou a maior parte do seu tempo ás súas tres grandes paixóns: música, cinema e fotografía. Despois da realización do seu primeiro documental Cuna de músicos (2017), co-dirixido xunto a Denis Carballás, Pablo filmou diversos videoclips e concertos para bandas locais. The Death: el reencuentro é o seu segundo documental e o seu proxecto máis persoal ata a data.

 

 

Duración: 
70 min
Entradas: 

 

VENDA E RETIRADA DE CONVITES

  • Para as proxeccións de todas as salas
    • compostelacultura.gal
    • Despacho de billetes do Teatro Principal: de 15.30 a 21.00 h e polas mañás desde unha hora antes do inicio da proxección.
  • Para as proxeccións do Auditorio de Galicia tamén se poden retirar na propia sala desde unha hora antes do inicio dos filmes.
  • Para as proxeccións de Numax tamén se poden mercar na propia sala no seu horario habitual (numax.org)

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

CONSULTA O PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS NA PORTADA

_________

Retrasmisión en liña a través da canle de You Tube Compostela Cultura

Funcións: 
Venres, 13 Novembro, 2020
16:00
NUMAX