CURMAOS

DATOS BÁSICOS

Dende hai un lustro, Curtocircuíto mantén un forte compromiso co cinema e a cultura portuguesa que se materializa en cada edición a través do programa Curmaos, que busca potenciar a fraternidade entre Galicia e Portugal e ratificar a fortaleza da Euro-rexión Atlántica en materia cultural.

 

RIO ENTRE AS MONTANHAS

RÍO ENTRE AS MONTAÑAS

José Magro | 2018 | 09:46 | Portugal | FIC | COR

Igual que un mozo comeza a amar, un río ten que atopar o seu camiño a través das montañas.

 

FLUTUAR

FLOTAR

Artur Serra Araújo | 2018 | 13:06 | Portugal | FIC | COR

Nunha agradable noite de lúa chea, un grupo de amigos está a xogar ás cartas nunha terraza con vistas á praia. Na distancia, no mar aberto, nalgún lugar entre o erotismo e a violencia, dúas mozas flotan sobre a mesquindade das súas conversacións e o absurdo das súas accións.

 

FORDLANDIA MALAISE

Susana de Sousa Dias | 2019 | 41:00 | Portugal | DOC | B&N

Forlandia Malaise é unha película sobre o pasado e o presente de Fordlandia, a cidade empresa fundada por Henry Ford na selva do Amazonas no 1928. A súa intención era desarticular o monopolio británico do caucho e producir este material en Brasil para a súa produción de coches nos Estados Unidos. Hoxe en día, os restos das construcións dan fe da magnitude do fracaso desta empresa neocolonialista que durou menos dunha década.

Entradas: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Semana do festival de 16:30 a 23:00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349

Funcións: 
Xoves, 3 Outubro, 2019
19:00
Salón Teatro