A última das charlas abertas que se organizan no marco desta 33ª edición de Cineuropa é arredor da dirección de fotografía. En Creadores de imaxes participarán dous dos responsables de fotografía con máis forza visual do cinema galego, como son Lucía Catoira Pan, quen asinou a foto de filmes como Trote e Dhogs ou as curtas Matria e A nena azul, e Alberte Branco (Arima, A estación violenta ou Las altas presiones).