CRANIOS PRIVILEXIADOS...OU CRÍTICA DA RAZÓN PERRALLEIRA

Teatro Principal
DATOS BÁSICOS

Recomendado para ESO e Bacharelato

Logo de vintecinco anos arriscando o pelexo sobre todo tipo de palcos e tablaos, tanto flamencos como euskaldúns, en festivais de teatro clásico e anódinos bares universitarios, en desaparecidas salas alternativas ou nos desabrigados cortellos das redes teatrais do estado, o celebrado dúo cómico Mofa e Befa enfronta pola primeira vez na súa dilatada traxectoria o metálico ardor da dúbida. “E agora que?”, sería o seu particular remedo da dúbida metódica cartesiana, aquela que obriga aos dubidantes a desconfiar de todo o que os arrodea, a comezar por si mesmos, postulando ademais a existencia dun xenio maligno, tal vez un escuro funcionario da Xunta de Galicia, responsábel de os conducir por errados camiños e empurralos por derivas pouco sustentábeis desde un punto de vista racional. É hora de pensar, non queda outra. E esa é a gran pregunta. De que vai iso de pensar? Unha pregunta que trae aparellada a súa propia revelación, porque se do que se trata é de aprender a pensar, por que non superar todas as dúbidas como dúo cómico facendo un espectáculo sobre a propia ciencia do pensamento, coñecida desde hai dous mil quiñentos anos polo enigmático e farfallado nome de “filosofía”?

Duración: 
80 minutos
Información da billeteira: 

Gratuíto, previa reserva a través do formulario que poderá descargar no seguinte enlace https://www.compostelacultura.gal/programadidactico e envialo ao correo info@auditoriodegalicia.org na data que figura na carta explicativa

Funcións: 
Luns, 11 Marzo, 2019
10:00
Teatro Principal
Luns, 11 Marzo, 2019
12:00
Teatro Principal
Martes, 12 Marzo, 2019
10:00
Teatro Principal
Martes, 12 Marzo, 2019
12:00
Teatro Principal

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural

Compostela Capital Cultural

Compostela Capital Cultural

Compostela Capital Cultural