COOL SOUNDS + LACHLAN DENTON NO TERRAZEANDO

DATOS BÁSICOS

O eclecticismo musical de propostas como Cool Sounds e Lachlan Denton pechan a edición deste 2019 do 'TerraZeando. Ciclo de Concertos ao Fresco' organizado por Desconcerto Cultural.

Cool Sounds (Australia): baixo a influencia dun amplo grupo de compositores e bandas, dende o soft rock dos anos 70 de Todd  Rundgren ou Fleetwood Mac ata os indies modernos como  Deerhunter e Ariel  Pink,  Cool  Sounds crean música pop de guitarras, chea de arranxos e fermosas melodías.

Enlaces: Imaxe | Vídeo | Bandcamp

Lachlan Denton (Australia): tamén un australiano abrirá a noite para Cool Sounds. Inspirado por compatriotas clásicos coma  The  Go- Betweens ou Paul Kelly, o enfoque directo e sinxelo de Denton na composición de cancións dálle ás súas melodías espazo para brillar á vez que ofrece unha visión xenuína da súa vida e pensamentos.

Enlaces: Imaxe | Vídeo | Bandcamp

Información da billeteira: 

Entrada libre ata completar capacidade do espazo.

Funcións: 
Martes, 30 Xullo, 2019
20:00
Parque de Galeras

UBICACIÓN