#CONVERSANDO: O NOVO CIRCO, TAMÉN TERRITORIO DAS MULLERES

DATOS BÁSICOS

ALMA (non é hippie) é o primeiro espectáculo de danza vertical de Galicia, unha produción do Colectivo Verticalia, ou o que é o mesmo, das compañías Duelirium e Traspediante, co apoio de Pistacatro. ALMA (non é hippie) investiga nas diferentes percepcións sobre unha mesma realidade, os diferentes puntos de vista e, polo tanto, sobre o aparente e as aparencias desde a linguaxe da danza contemporánea, a verticalidade e o movemento.

#CONVERSANDO: Mesa redonda: O novo circo, tamén territorio das mulleres.

Relatoras: reparto do espectáculo Alma (non é hippie), coa mediación de Belém Brandido, xestora cultural, produtora e distribuidora especializada en novo circo.

O novo circo, territorio de creatividade, investigación e experimentación de novas formas nas técnicas circenses ten tamén os seus teitos de cristal. Cal é a situación actual das mulleres artistas e creadoras no sector? Existen aínda disciplinas con pouca presenza feminina? E a visión dos públicos sobre os roles creativos de homes e mulleres no circo?

Espectáculo vencellado: Alma (non é hippie) PISTA4 / DUELIRIUM / TRASPEDIANTE

Público ao que se dirixe: Público adulto.

Número de persoas: ata completar cabida.

---

Club C!

Afonda na experiencia cultural de Compostela

De que se trata

O Club C! é unha proposta de actividades para se achegar de xeito diverso aos contidos das actividades culturais compostelás. Comprende actividades que buscan coñecer mellor as propostas artísticas que nos ofrece a programación cultural municipal e deste xeito afondar na experiencia como espectadores culturais.

#CONVERSANDO é un programa de encontros, manifestacións orais e faladoiros arredor dos contidos e liñas temáticas que conflúen nos espectáculos desta programación.

Duración: 
1h 30 min
Entradas: 

Entrada de balde ata completar cabida do espazo

Funcións: 
Venres, 3 Maio, 2019
18:30 a 20:00
Casa das Mulleres Xohana Torres