#CONVERSANDO: NIN TOLAS NIN HISTÉRICAS

DATOS BÁSICOS

'Anatomía dunha serea' fala dunha muller que leva no seu corpo a pegada da violencia obstétrica sufrida durante o embarazo e o parto, narra a súa historia dun xeito directo, aberto e autocrítico. Un relato construído mentres a ferida segue aberta, porque as secuelas aínda non foron reparadas e o seu testemuño terá toda a visceralidade propia dun caso aberto.

#CONVERSANDO. Faladoiro Nin tolas nin histéricas: consecuencias da violencia obstétrica.

Relatora: Martina González, psicóloga, sexóloga e terapeuta de parella.

Que é a violencia obstétrica? Como identificala? Cales son as súas consecuencias? Afondaremos sobre todas estas cuestións nun faladoiro aberto e participativo no que convidaremos tamén a colectivos que traballan contra as violencias arredor do corpo e os procesos reprodutivos das mulleres.

Público ao que se dirixe: Público adulto.

__

Club C!

Afonda na experiencia cultural de Compostela

De que se trata

O Club C! é unha proposta de actividades para se achegar de xeito diverso aos contidos das actividades culturais compostelás. Comprende actividades que buscan coñecer mellor as propostas artísticas que nos ofrece a programación cultural municipal e deste xeito afondar na experiencia como espectadores culturais.

#CONVERSANDO é un programa de encontros, manifestacións orais e faladoiros arredor dos contidos e liñas temáticas que conflúen nos espectáculos desta programación.

Duración: 
2 h
Entradas: 

De balde ata completar capacidade do espazo.

Funcións: 
Xoves, 9 Maio, 2019
18:00 a 20:00
Casa das Mulleres Xohana Torres