'Anatomía dunha serea' fala dunha muller que leva no seu corpo a pegada da violencia obstétrica sufrida durante o embarazo e o parto, narra a súa historia dun xeito directo, aberto e autocrítico. Un relato construído mentres a ferida segue aberta, porque as secuelas aínda non foron reparadas e o seu testemuño terá toda a visceralidade propia dun caso aberto.
#CONVERSANDO. María Lado e Iria Pinheiro, entrevista bidireccional.
Coa autora do texto e a protagonista da peza documental, a actividade será un diálogo entre as dúas, repaso da orixe do espectáculo, o proceso de escrita do texto e transversalmente pola(s) violencia(s) ás que como mulleres creadoras están expostas.
Público ao que se dirixe: Público adulto.
__
Club C!
Afonda na experiencia cultural de Compostela
De que se trata
O Club C! é unha proposta de actividades para se achegar de xeito diverso aos contidos das actividades culturais compostelás. Comprende actividades que buscan coñecer mellor as propostas artísticas que nos ofrece a programación cultural municipal e deste xeito afondar na experiencia como espectadores culturais.
#CONVERSANDO é un programa de encontros, manifestacións orais e faladoiros arredor dos contidos e liñas temáticas que conflúen nos espectáculos desta programación.