#CONVERSANDO: CRIANZAS HIPERREGALADAS E SÍNDROME DO EMPERADOR

DATOS BÁSICOS

En 'Patapatúm' a compañía Elefante Elegante propón unha reflexión sobre a presenzados bens mateirais nas relacións entre pais e fillos, tema que se densenvolve nas actividades do Club C!

#CONVERSANDO. Faladoiro: Crianzas hiperregaladas e síndrome do Emperador. Esta actividade consiste nun faladoiro arredor dos temas principais dos que fala o espectáculo da tarde, síndromes que afectan ás crianzas de hoxe en día e que deixan ver unha relación disfuncional entre estas e os seus pais/nais, baseada no material, na falta de escoita e tempo de calidade en familia.

 

Sábado 6 de abril

12.30 a 14.00 h

Ambigú do Teatro Principal

Relatora: Fernanda Páramo Fernández (profesora titular do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da USC)

Público ao que se dirixe: Público adulto

Ata completar capacidade

O espectáculo teatral 'Patapatúm', pode verse no Teatro Principal o 6 de abril ás 18.30 h. Máis información e venta de entradas aquí

__

Club C!

Afonda na experiencia cultural de Compostela

De que se trata

O Club C! é unha proposta de actividades para se achegar de xeito diverso aos contidos das actividades culturais compostelás. Comprende actividades que buscan coñecer mellor as propostas artísticas que nos ofrece a programación cultural municipal e deste xeito afondar na experiencia como espectadores culturais.

#CONVERSANDO é un programa de encontros, manifestacións orais e faladoiros arredor dos contidos e liñas temáticas que conflúen nos espectáculos desta programación.

Duración: 
90' aprox.
Información da billeteira: 

Gratuíta

Ata completar capacidade

Funcións: 
Sábado, 6 Abril, 2019
12:30 a 14:00
Teatro Principal

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural