A CONVERSA NO VALO DE MANSELLE / A PALABRA E A MÚSICA DE ANXO ANGUEIRA E SECHO

Alameda
DATOS BÁSICOS

FESTIVAL C 2021

Paseo da Ferradura

POEMAS NO ESTÍO

 

A conversa no Valo de Manselle. 

A palabra e a música de Anxo Angueira e Secho.

 

Neste encontro entre o verso recitado e cantado, Anxo Angueira e Secho tráennos os ecos do clásico contemporáneo “O valo de Manselle”, poemario que vén de celebrar o seu XXV aniversario. No paseo da Ferradura ouviremos algúns dos seus poemas máis célebres acompasados polas melodías de Secho. Dúas voces únicas para non perder, que comparten o rumor do Ulla, a luz nas brañas de Laíño. 

Duración: 
60 MIN
Entradas: 
  • RETIRADA DE ENTRADAS EN LIÑA: XOVES 29 DE XULLO_10.00 H
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h. Teléfono 981 542 462 (HORARIO DE AGOSTO: de martes a sábado, de 11 a 14 h)
  • No caso de quedar entradas, repartiranse desde media hora antes do inicio do evento no lugar de celebración do mesmo.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Mércores, 11 Agosto, 2021
20:00
Alameda