CONCERTO DE VAN EYCK PROJEKT

DATOS BÁSICOS

DE LUGARES E ÓRGANOS. CONCERTO DE VAN EYCK PROJEKT. TRÍPTICO.

TRES RETRATOS PARA A DEVOCIÓN EN HONRA DA NOBRE DAMA

Sabine Lutzenberger, voz
Elizabeth Rumsey, fídula
Brett Leighton, órgano

O Proxecto Van Eyck, liderado pola gambista Elizabeth Rumsey conta nesta ocasión co virtuoso or-ganista Brett Leighton xunto coa soprano Sabine Lutzenberger para presentar un delicado programa de músicas cheo de sutilezas melódicas e complexos xogos rítmicos, que explora as conexións entre a lírica do amor cortés de comezos do século XV e as cancións dedicadas á veneración de María. O simbolismo da rosa, do lirio, a estrela refulxente, son temas comúns aos dous xéneros, como tamén a actitude do poeta, que suplica o favor da dona, nun xogo de amor que semella, en ambos os dous casos, inalcanzábel.

Composto por cancións sacras e profanas de grandes mestres dos séculos XIV e XV como Gilles Binchois, Guillaume Dufay ou Johannes Ciconia, entre outros, o programa trata de recrear os sons dun órgano gótico, cun acompañamento instrumental e vocal que responde a moitos dos modelos iconográficos e pinturas da época na que foron compostas estas obras, nomeadamente as pinturas de Jan van Eyck, que dá nome ao grupo.

 

 

Duración: 
60 MIN
Información da billeteira: 

Entrada gratuíta previa retirada de convite.
Máximo 2 convites por persoa.
Prégase acudir cunha antelación mínima de 15 minutos. O uso de máscara é obrigatorio.
____
Reserva preferentemente online na web compostelacultura.gal
Horario do despacho de billetes do Teatro Principal: de luns a venres, de 18 a 20 horas.
De non poder asistir, por favor, comuníqueo no teléfono 981 54 23 49 no horario do despacho de billetes.

 

Funcións: 
Domingo, 30 Agosto, 2020
20:30
Igrexa de San Paio de Antealtares

UBICACIÓN