CONCERTO DAS DONAS

DATOS BÁSICOS

DE LUGARES E ÓRGANOS. CONCERTO DAS DONAS. A PEGADA MUSICAL FEMININA

Elena Vázquez, violín barroco
Ana Pazos, corneto e trompeta
Carlos García Amigo, violonchelo barroco
María José Pámpano, violín barroco e dirección

Alejandra Escolante, órgano

Concerto das Donas é un conxunto instrumental, de nova creación, liderado pola violinista María José Pámpano, que toma o seu nome do grupo de intérpretes femininas activo a finais do Renacemento na cidade italiana de Ferrara e coñecido como “Concerto delle donne”, un grupo de mulleres destacadas polo seu virtuosismo técnico e artístico, que traballaban baixo os auspicios do duque de Ferrara. Entre os obxectivos desta formación musical está o da visibilización da pegada feminina na historia da música, a cotío silenciada.

Nesta ocasión, o grupo presenta unha singular proposta que trata de afondar na obra instrumental de compositoras do Barroco como Isabella Leonarda ou Élisabeth Jacquet de La Guerre. As súas integrantes estarán acompañadas ao órgano pola organista e profesora do conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela Alejandra Escolante.

Duración: 
60 min.
Entradas: 

Entrada gratuíta previa retirada de convite.
Máximo 2 convites por persoa.
Prégase acudir cunha antelación mínima de 15 minutos. O uso de máscara é obrigatorio.
____
Reserva preferentemente online na web compostelacultura.gal
Horario do despacho de billetes do Teatro Principal: de luns a venres, de 18 a 20 horas.
De non poderi asistir, por favor, comuníqueo no teléfono 981 54 23 49 no horario do despacho de billetes.

Funcións: 
Domingo, 23 Agosto, 2020
20:30
Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela